Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os empresarios do norte de Portugal queren unha conexión co AVE ourensán

Os empresarios do norte de Portugal queren unha conexión co AVE ourensán

Pedíronlle ao novo Goberno luso unha vía rápida que os conecte coa alta velocidade española

Os empresarios ourensáns aplauden a petición, que sería positiva para as dúas rexións

Alberto Mancebo 15/02/2022 14:54

As empresas do norte de Portugal queren infraestruturas que os acheguen a alta velocidade galega. Así llo pediron ao seu Goberno. O AVE que pasa por Ourense é unha saída cara ao resto da península que as empresas portuguesas ven como unha ferramenta que abriría oportunidades. Así llo dixo á CRTVG Luís Ceia, presidente da Confederación de Empresarios do Minho.

É por iso que a patronal de Viana do Castelo, o distrito que limita con Galicia, lle pide ao executivo luso que estude a posibilidade de construír vías rápidas que os acheguen a Padrenda e ao Xurés, no sur da provincia de Ourense, para así estar máis cerca a alta velocidade.

Para os empresarios galegos esta é unha petición lóxica, que achegaría máis as dúas comunidades empresariais e da que todos sairían gañando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade