Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os empresarios do ocio nocturno advirten dos perigos das festas ilegais de fin de ano

Os empresarios do ocio nocturno advirten dos perigos das festas ilegais de fin de ano

Estímase que serán 450 en Galicia entre Noitevella e Reis

As festas ilegais intensifícanse en fin de ano
G24.gal 27/12/2023 17:16

En vésperas de Noitevella, os empresarios do ocio nocturno advirten do perigo de celebrar a fin de ano nun local sen licenza, e recordan que as sancións para os organizadores poden achegarse aos 600.000 euros. Ademais, piden plans preventivos aos concellos.

Con todo, estiman que este ano haberá a metade que o ano pasado. Vigo e A Coruña están entre os municipios máis permisivos co incumprimento dos horarios. 

As festas de Noitevella son as que soen acaparar máis denuncias por falta de licenzas. Estes casos están gravemente sancionados pola Lei de Espectáculos. 

En menor medida, nun 15 % dos casos, tamén están as festas clandestinas en casas abandonadas ou naves, máis difíciles de descubrir. Desde Fesdiga, estiman que serán 450 en toda Galicia en Noitevella e tamén Reis. Cren que se debe á baixada da euforia tras a pandemia, ao efecto das denuncias e tamén a que hai máis control. 

Dende o OCU dan algúns consellos básicos para evitar sustos nas celebracións vindeiras en locais autorizados. Primeiro, comprar a entrada sempre a quen organiza. Tamén, é importante mirar as medidas de seguridade do local.

Outro consello é acudir a locais que están abertos, non que leven anos pechados e se aluguen exclusivamente para estas festas sen ter as condicións de seguridade garantidas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade