Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os encoros galegos están máis cheos que hai un ano e por riba da media da última década

Os encoros galegos están máis cheos que hai un ano e por riba da media da última década

Pontevedra foi a provincia con máis precipitacións en outono, Ourense a que menos

Fornelos de Montes é o concello que rexistra as maiores precipitacións de toda Galicia

Pontevedra está ao 88 por cento de volume nos seus encoros fronte ao 61 de Ourense

G24.gal 29/12/2022 16:07

Temos a sensación de que choveu moito en toda Galicia, pero os datos indican que non foi así. Por poñer un exemplo, Pontevedra foi a provincia onde máis choveu pero houbo concellos coma este de Fornelos de Montes que recolleron en 22 días de novembro case 600 litros por metro cadrado, mentres que en Lalín neses mesmos días non chegaron aos 200.

Se analizamos por provincias a situación tamén é moi desigual, de feito Pontevedra está ao 88 por cento de auga acumulada de media nos seus encoros, fronte ao 61 de Ourense. Xa en clave nacional, este foi un outono seco, incluso moi seco en case toda España, mentres que en Galicia foi máis chuvioso do normal.

O encoro de Eiras este xoves botaba a auga para fóra. E é que Fornelos de Montes é o concello que rexistra as maiores precipitacións de toda Galicia. A maioría dos veciños están fartos de tanta auga. Pero non a todo o mundo lle senta mal porque moitos din que agora estamos no inverno e é o que toca, mellor agora que no verán.

Os datos de rexistros falan dun outono moi húmido en Galicia, pero non por igual en todos os territorios. No concello de Cervantes, en Lugo, ou mesmo no da Coruña as cifras distan moito das de Fornelos. Son os lugares onde menos choveu, aínda que moita xente non tivo esa sensación.

En xeral os encoros en Galicia están máis cheos que hai un ano e tamén por riba da media da última década. E todo apunta a que aínda queda auga para tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade