Publicador de contidos
Publicador de contidos

Equipos galegos de emerxencias rastrexan o río Turia na busca de desaparecidos

Equipos galegos de emerxencias rastrexan o río Turia na busca de desaparecidos

Outra parte do contixente enviado desde Galicia segue limpando e achicando auga

G24.gal 06/11/2024 14:36

Ata que queden sen luz, en superficie, baixo a auga e polas beiras do río. Mergulladores adscritos á policía autonómica peitean o Turia con tres lanchas e dous vehículos todo terreo. Entre ramas, cascallos e augas moi turbias. 

O xefe do grupo operativo de actividades subacuáticas, César Ramos, explica que basicamente o que están facendo é "controlar toda a zona do río, mesmo a beira. Naquelas zonas onde poida haber máis cascallos ou que poida haber algún corpo enganchado mandamos os mergulladores ao fondo. E temos outro dispositivo con dúas lanchas semirríxidas na zona da costa, tendo en conta que puidera aflorar estes días algún corpo á superficie".

Son un elo na cadea de axuda galega destinada a municipios como Catarroja, onde seguen quitando auga de baixos e garaxes, despois de comprobar que non hai corpos.

Membros da AXEGA, voluntarios de Protección Civil e efectivos do operativo de loita contra incendios traballan tamén limpando lama e retirando cascallos das rúas nalgúns dos municipios máis afectados por esta DINA.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade