Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os escolares de Ourense prepáranse para celebrar o Xoves de Compadres

Os escolares de Ourense prepáranse para celebrar o Xoves de Compadres

A Concellería de Educación está estes días impartindo os obradoiros para a elaboración dos bonecos dos compadres e as comadres

Este xoves uns 450 nenos e nenas xuntaranse na Praza Maior e xogarán para evitar que os compadres acaben esnaquizados

G24.gal 29/01/2024 14:14

Na provincia de Ourense seguen ao tope cos preparativos para o Entroido. Este xoves celébrase o Xoves de Compadres e nos colexios da cidade os escolares están confeccionando os bonecos dos compadres e as comadres. Os máis pequenos coñecen unha das tradicións máis arraigadas do Entroido e prepáranse para participar na súa gran festa este xoves na Praza Maior.

"Non vale mancarse nin enfadarse , porque é unha festa divertida na que o imos pasar moi ben", explícalles Jaime González, o monitor que está a impartir os obradoiros. 

Para facelos empregan material de refugallo, xornais, papeis e teas. A Concellería de Educación do Concello de Ourense está estes días impartindo este obradoiro entre os escolares da cidade para que manteñan viva a tradición.

"Usamos xornais", despois "púxémoslle papel de seda e logo puxémoslle unha camiseta e un laciño" ."Estaba facendo o vestido, estaba facéndolle uns retoques...", contan os alumnos e as alumnas de segundo de primaria do Colexio Maristas de Ourense. 

"As rapazas teñen que facer un compadre e téñenlle que facer un chaleco e os rapaces, unha saia".

Este xoves, Día de Comúns, 450 nenos e nenas xuntaranse na Praza Maior.

"As rapazas teñen que correr co compadre e teñen que intentar que os rapaces non o collan e o rompan, e o Xoves de Comadres, o mesmo, pero do revés", explica outra cativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade