Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os estafadores do xel hidroalcólico evitan a prisión tras un acordo de conformidade

Os estafadores do xel hidroalcólico evitan a prisión tras un acordo de conformidade

Eluden dúas penas de  prisión de 21 e 6 meses por delitos de estafa e contra a saúde pública co pagamento dunha multa de 1.440 euros 

Os dous asumiron os feitos acontecidos en plena pandemia cando elaboraron un produto a base de augardente que comercializaron como xel hidroalcólico virucida

 

Un momento da vista celebrada este martes en Santiago, na sala da Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña
G24.gal 21/05/2024 14:07

O fiscal pedía nas conclusións provisionais máis de oito anos de cárcere para cada un dos dous homes que, en plena pandemia, traficaron cun produto a base de augardente como se fose xel hidroalcólico.

O acordo de conformidade a que chegou a defensa e o fiscal propiciou unha sentenza condenatoria polos delitos de estafa e contra a saúde pública, pero cunhas penas que ao final se converten en multa de 1.440 euros a cada un e dous anos de suspensión para actividade con produtos sanitarios nun período de trinta meses.

Ademais, nos dous próximos anos non poden incorrer en ningún delito. En caso contrario, cumprirían penas de prisión de 21 e 6 meses cada un. Os dous admitiron os feitos e indemnizaron cun total de 3.718 euros as reclamacións das vítimas da súa estafa.

En plena pandemia e co xel hidroalcólico escaseando, produciron e venderon varios miles de litros dun produto que, con pouca cantidade de etanol e moita de augardente, colocaban como desinfectante e eliminador de virus. Elaborábano de modo totalmente clandestino nunha nave avícola de Boiro e vendíano en farmacias e noutros establecementos.

A Garda Civil descubriu no rexistro efectuado no verán de 2020 6.400 litros do produto que os agora condenados facían pasar por xel hidroalcólico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade