Cargando resultados...
Os exames da ABAU permanecen custodiados e blindados ata o lugar das probas
Os exames da ABAU permanecen custodiados e blindados ata o lugar das probas
O proceso está blindado para evitar filtracións
G24.gal
03/06/2024 14:12
Última actualización 03/06/2024 14:27
Os exames da ABAU están desde este luns nas cámaras acoirazadas das facultades que acollen a proba. Leváronos en furgóns de seguridade desde a Cidade da Cultura, onde se gardaban en caixas pechadas. O proceso está totalmente blindado para evitar filtracións. Non se usa Internet e só tres persoas saben o que vai nesas caixas.
Maite Flores é a delegada do reitor da Universidade de Santiago na CIUG.
Explica que "os exames fotocópianse por marzo ou abril e gárdanse nun búnker que ten seguridade ata o día de hoxe, que saen á luz. En total temos 36 sedes en toda Galicia..., e agora imos entregalos e custodialos ata mañá nunhas cámaras acoirazadas en cada unha das facultades".