Os expertos advirten de substancias tóxicas no chan dos parques infantís
Os expertos advirten de substancias tóxicas no chan dos parques infantís
Os investigadores insisten en facer as probas necesarias antes de utilizar este material feito con pneumáticos reciclados
Os parques onde xogaron as xeracións dos 80 e dos 90 eran bambáns de ferro e a area como único colchón para os nenos cando caían ao chan.
O contraste é total coa imaxe dos parques actuais. Estes espazos sufriron unha transformación baixo a premisa de facelos máis seguros para os cativos. Un dos grandes cambios está no pavimento.
É a advertencia de varios investigadores en base a informes científicos que din que o caucho contén substancias tóxicas con riscos para a saúde. Preocupa aos expertos pero sobre todo os pais e nais dos cativos.
Os investigadores insisten en facer as probas necesarias antes de utilizar este material feito con pneumáticos reciclados.