Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha conta de Instagram agocha cartos por toda Galicia

Unha conta de Instagram agocha cartos por toda Galicia

Anima os seus seguidores a localizar os billetes escondidos en diferentes recunchos

G24.gal 16/07/2024 15:23

Unha misteriosa man introduce un billete de 20 euros nalgún recuncho de Galicia e despois afástase á espera de que alguén dea co tesouro.

A imaxe é a pista para a localización dos billetes. Un divertido e suculento xogo. Algúns non o acaban de crer. 

Na estación do tren, nun muro, baixo unha pedra... Os cartos agardan propietario escondidos nos máis variados agochos. Hainos que xa atoparon billete, e outros que seguen na busca. 

Cada día este enigmático e xeneroso instagramer está disposto a animar o noso peto.  

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade