Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alertan das consecuencias de utilizar a enerxía nuclear como arma de guerra

Alertan das consecuencias de utilizar a enerxía nuclear como arma de guerra

O xeneral retirado Vicente Díaz de Villegas non cre que Rusia realice un ataque nuclear, xa que sería autodestructivo

Cre que a OTAN debeu intervir antes como disuasión para frear a Putin

G24.gal 04/03/2022 09:42

A toma de control por parte de Rusia da maior central nuclear de Europa fixo disparar tódalas alertas. Os expertos advirten das consecuencias que suporía empregar a enerxía nuclear como arma de guerra.

O xeneral retirado Vicente Díaz de Villegas non cre que Putin cumpra coa súa ameaza xa que tamén Rusia sufriría as consecuencias. Explicábao nunha entrevista na Radio Galega. 

"O tema da enerxía nuclear ten que estar controlado porque se non pode afectarlles a eles. Alguén terá que decidir en Rusia se eles están dispostos a recibir a parte que lle corresponde ó empregar este tipo de forzas".

O xeneral retirado Vicente Díaz Villegas non cre que Rusia estea desenvolvendo unha bomba atómica. Na súa opinión, Putin está tentado derrocar o goberno, colocar un goberno prorruso en Kiev e bloquear Ucraína cegando a saída cara ao Mar Negro. Non desbota que o país acabe partido en dous, como sucedeu no seu día con Alemaña.

Díaz Villegas afirma que "Rusia leva anos avisando" e cre que a actuación da OTAN "chega tarde". Na súa opinión, a Alianza Atlántica debera intervir antes "como disuasión" e non escusarse asegurado que Ucraína non forma parte da OTAN.

"Esa escusa de que Ucraína non estea na OTAN non me serve. A Alianza Atlántica desencadeou un ataque sobre Serbia que durou 78 días e tamén interveu bombardeando Libia e nin Serbia nin Libia atacaran a ningún país da OTAN".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade