Cargando resultados...
Os expertos atribúen a intensidade da DINA ao quecemento global do planeta
Os expertos atribúen a intensidade da DINA ao quecemento global do planeta
Máis de 200 falecidos e 54.000 hectáreas arrasadas converten esta gota fría nunha das peores catástrofes naturais da historia de España
G24.gal
09/11/2024 15:30
Última actualización 08/11/2024 21:02
Valencia recupérase da DINA máis destrutiva deste século. Un fenómeno meteorolóxico que é habitual no Mediterráneo, pero que cobrou unha forza inusitada, atribuíble, segundo os expertos, ao quecemento global do planeta.
Máis de 200 falecidos, 54.000 hectáreas arrasadas e danos incalculables en vivendas e en infraestruras convértena nunha das peores catástrofes naturais da historia de España.