Os expertos piden que a menor gravidade da ómicron non leve a trivializar o virus
Os expertos piden que a menor gravidade da ómicron non leve a trivializar o virus
Ante a avalancha de casos que supón a ómicron, priorizar a atención dos vulnerables é unha estratexia adecuada, segundo os expertos.
"Hai que seguir impedindo que se transmita, pero hai que ir á fase de mitigación: dirixir os esforzos aos vulnerables e ás persoas que poidan necesitar atención hospitalaria. Isto pode contribuír tamén a desconxestionar atención primaria", explica o catedrático Juan Gestal.
Desde a Organización Mundial da Saúde piden, iso si, non precipitar o cambio cara á consideración como endemia. Lembran que en África 8 de cada dez 10 persoas aínda non completaron a pauta da vacina e piden non dar por finalizada a fase aguda da pandemia ata non superar esta brecha: o risco de mutacións persiste.
"É posible que este ano vexamos unha evolución cara á endemia, pero aínda é pronto. Agora estamos nunha fase na que temos que controlar esta onda que temos, que é moi alta", argumenta Marcos López Hoyos, presidente da Sociedade Española de Inmunoloxía.
A ministra Darias pensa que o cambio de fase debe abordarse a nivel continental.
"Cando acabe esta sexta onda, cando cheguemos a unha proposta técnica das persoas expertas, e cando cheguemos a un consenso dende a cogobernanza das comunidades autónomas, pero tamén e nivel internacional".