Os expertos, sorprendidos polo derrubamento da ponte en Baltimore
Os expertos, sorprendidos polo derrubamento da ponte en Baltimore
Cren que os piares da ponte carecerían de protección, e que por iso colapsou tras o impacto do buque
Tamén lles chama a atención que se trata dunha construción relativamente recente, con menos de cincuenta anos
Os expertos observan con estrañeza o sucedido xa que as pontes construídas sobre a auga contan cunhas características especiais que evitan este tipo de accidentes e dos que carecería a ponte de Baltimore.
A falta de protección nos piares resulta aínda máis sorprendente se temos en conta que a ponte está construída sobre unha zona cun intenso tráfico de embarcacións. Aquí en Galicia a ponte de Rande, tamén colgante como a de Baltimore, resistiría o impacto.
Haberá que agardar polo resultado da investigación para determinar as causas do sinistro. Tamén se investiga o motivo polo que o cargueiro impactou sobre a base da infraestrutura.