Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os expertos, sorprendidos polo derrubamento da ponte en Baltimore

Os expertos, sorprendidos polo derrubamento da ponte en Baltimore

Cren que os piares da ponte carecerían de protección, e que por iso colapsou tras o impacto do buque

Tamén lles chama a atención que se trata dunha construción relativamente recente, con menos de cincuenta anos

G24.gal 26/03/2024 14:04

Os expertos observan con estrañeza o sucedido xa que as pontes construídas sobre a auga contan cunhas características especiais que evitan este tipo de accidentes e dos que carecería a ponte de Baltimore.

A falta de protección nos piares resulta aínda máis sorprendente se temos en conta que a ponte está construída sobre unha zona cun intenso tráfico de embarcacións. Aquí en Galicia a ponte de Rande, tamén colgante como a de Baltimore, resistiría o impacto. 

Haberá que agardar polo resultado da investigación para determinar as causas do sinistro. Tamén se investiga o motivo polo que o cargueiro impactou sobre a base da infraestrutura. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade