Os fachós volven iluminar a noite de Castro Caldelas
Os fachós volven iluminar a noite de Castro Caldelas
Nin o temporal de neve nin a previsión de chuvia foron impedimento para a tradicional celebración
Despois de ser declarada de Interese Turístico de Galicia en 2020, a Festa dos Fachós recupera toda a súa plenitude: música, degustación gastronómica e procesión multitudinaria arredor do castelo guiada polo gran fachón.
Entre lusco e fusco, como manda a tradición, prendeuse o gran fachón, e con el arrincaba a Festa en Castro Caldelas. Todo un culto ao lume purificador con máis de 270 anos de historia.
Nin a chuvia nin o frío impediu a centos de veciños e visitantes alumearen a noite caldelá dende o adro do santuario dos Remedios e por todo o centro histórico, rodeando o castelo ata volver á igrexa.
A noite é longa, así que hai que quencer o corpo ao son da música da charanga e unha boa ración de chourizos asados.
A Festa dos Fachós é unha das celebracións máis antigas de Galicia. As primeiras referencias deste culto ancestral remóntanse ao ano 1751, cando os veciños saíron en procesión para pedir a fin dunha peste que asolagou a localidade.
En 2020 a Festa dos Fachós foi declarada de Interese Turístico de Galicia.