Os familiares homenaxean as vítimas da traxedia das discotecas de Murcia
Os familiares homenaxean as vítimas da traxedia das discotecas de Murcia
Colocaron un altar con fotos e ofrendas á entrada dos locais nocturnos
O concello de Murcia precintou tres novos locais de lecer nocturno por teren en vigor unha orde de peche
Unha semana despois do tráxico incendio das discotecas Fonda Milagros e Teatre que lle custou a vida a trece persoas en Murcia, os familiares fixeron unha homenaxe na entrada das discotecas onde se montou un de altar con fotos e bandeiras para lembrar as vítimas.
No tocante á investigación, a Policía Xudicial e Científica lograron acceder ao local con 48 horas de atraso, debido ás altas temperaturas e a deterioración da infraestrutura. Durante este tempo, os bombeiros encargáronse de asegurar o lugar.
A Administración local da cidade anunciou que se responsabilizará ao establecemento, pois eses locais carecían de autorización desde xaneiro de 2022.
O concello segue pechando discotecas
O concello de Murcia precintou tres novos locais de lecer nocturno por ter en vigor unha orde de peche, co que xa ascende a sete o número destes establecementos clausurados tras o incendio das discotecas Teatre, Golden e Fonda Milagros, no que morreron 13 persoas e outras 24 resultaron feridas.
Os axentes da Policía Local, no marco da rolda de inspeccións anunciada polo equipo de goberno do Concello de Murcia tras os incendios, precintaban onte o locais Maná e BBT20, ambos nas arredores da zona de lecer Atalaias, e facían o mesmo cun terceiro, Distrito 13, que se atopa nun céntrico barrio da cidade.