Cargando resultados...
Os farrapos voan en Laza sobre unha praza da Picota ateigada de xente
Os farrapos voan en Laza sobre unha praza da Picota ateigada de xente
Laza celebra o Luns Borralleiro, xornada central do seu Entroido
En Parada de Amoeiro, 35 carrozas desfilaron no Entroido itinerante
G24.gal
12/02/2024 14:39
O Luns Borralleiro defínese a si mesmo. É un día no que ninguén sae limpo de Laza.
A xornada empeza coa farrapada, os maragatos e a xitanada dos burros, e pola tarde será a quenda da baixada da morena.
Tamén estivo moi animada a mañá en Parada de Amoeiro. Aquí teñen un Entroido itinerante. Trinta e cinco carrozas desfilan este ano, de aldea en aldea.
Ao longo de todo o día percorren tres concellos, desde Parada de Amoeiro a Maside e Cea para levaren o Entroido ata o último recuncho.