Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os felos de Maceda manteñen viva a tradición do Entroido máis rural

Os felos de Maceda manteñen viva a tradición do Entroido máis rural

Percorren as aldeas da serra de San Mamede as fins de semana previas ao Carnaval

Teñen un carácter traste e o seu é facerlles falcatruadas ás veciñas e aos veciños

Nas casas ofrécenlles todo tipo de viandas e bebidas para que repoñan folgos

 

A veciñanza recibe con emoción os felos e as súas trasnadas.
G24.gal 12/02/2022 16:15

O Entroido xa está á volta da esquina. Na provincia de Ourense a maxia e a alegría desta festa ancestral vaise espallando tamén polos entroidos máis rurais. 

Aínda que faltan quince días para que comece oficialmente o Entroido, os felos de Maceda cumpren coa tradición de visitar as fins de semanas previas as aldeas do municipio, situadas ao pé da Serra de San Mamede. 

Co ruxir das súas chocas e os seus caxatos chegan os felos á aldea de Carguizoi en Maceda.

"Antigamente ao dar as badaladas a Noitevella había mozos que xa puñan as chochas, comer as uvas e lume, xa comezaba o Entroido. Facerlle a vida máis bonita, que estaban agardando estes días. Están exultantes, porque tivemos estes dous anos malos e a xente emociónase, chora, abrázannos, moitos dinnos xa pensei que non vos volvería ver", conta José María Parente, presidente da Asociación dos Felos de Maceda. 

Despois dun ano volveron coa súa alegría para anunciar que o Entroido xa está aquí e desbórdase a emoción. Carme perdeu este ano o seu marido e o abrazo do felo é hoxe toda unha recompensa.

O felo é un traste e o seu carácter que transgride as normas lévaos a facer falcatruadas, nunha perfecta comuñón coa veciñanza.

"É unha tristeza, pero é unha realidade que quedan poucos veciños nas aldeas. Pero o lema que temos é que mentres haxa un veciño nunha aldea onde ir, alí estaremos", asegura o felo José María Parente. 

Un amor correspondido... E con bica, xamón, cervexa ou licor, os felos repoñen folgos para continuar o seu percorrido polas despoboadas aldeas da serra de San Mamede.

Percorren as aldeas da montaña de Maceda para anunciar a chegada do Entroido. Percorren as aldeas da montaña de Maceda para anunciar a chegada do Entroido.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade