Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os felos volveron desfilar polas aldeas da montaña no Entroido de Maceda

Os felos volveron desfilar polas aldeas da montaña no Entroido de Maceda

Numerosos veciños participaron na volta da festa

O colofón será a baixada da Vaca Marela 

G24.gal 26/02/2022 13:44

Malia non haber programación oficial por mor da pandemia, o espírito do Entroido volveu reinar en Maceda. Dende primeira hora da mañá, os felos saíron ás rúas facer soar as chocas, nunha xornada de troula que se vai prolongar ata ben entrada a noite e que terá continuidade mañá.

No percorrido polas parroquias da montaña os felos estiveron acompañados por numerosos veciños, visitantes e por outras figuras tradicionais do Entroido desta parte de Ourense que estiveron a piques de desaparecer e que os máis novos recuperaron nos últimos tempos.

No Entroido todo se permite e os felos non tiveron compaixón das persoas que atoparon no seu percorrido.

O colofón á festa de hoxe será a baixada da vaca marela dende a serra á vila de Maceda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade