Preocupación tras detectar furtivos collendo marisco en zonas con toxina
Preocupación tras detectar furtivos collendo marisco en zonas con toxina
As multas poden chegar aos 30.000 euros
Ata unha orde de afastamento das praias ditou un xuíz a algún dos mariscadores furtivos máis reincidentes desta zona de Campelo en Poio. Aquí a colaboración entre Policía Local, Garda Civil Confrarías e ata o concello conseguiu interesantes resultados contra o furtivismo.
Segue habendo problemas na ría de Pontevedra. A detección dunha furgoneta en Vilaboa con 500 quilos de molusco proveniente de Portugal enervou aos patróns maiores; xa que só terá uns 500 euros e multa segundo din. Os mariscadores legais sofren multas moi superiores por non cumprir as normas.
Desde as confrarías de Lourizán, Pontevedra, e Raxó piden maiores multas e que se controle tamén a comercialización destes produtos que ademais agora tamén collen de zonas con toxina.
Gardacostas de Galicia levantou 115 actas de marisqueo ilegal tan só nun mes. Nalgunhas fanse analíticas que de dar positivo en toxina poden implicar multas de ata 30.000 euros por un delito contra a saúde pública.
Cando son detectados os furtivos adoitan guindar a mercadoría, e ás veces é preciso actuar nas estradas co que contan co apoio da Garda Civil. O sector tamén aposta por controlar quen compra o produto.