Galicia suma o 20 % das multas por exceso de velocidade na última campaña da DXT
Galicia suma o 20 % das multas por exceso de velocidade na última campaña da DXT
Tráfico interceptou máis de 9.500 condutores circulando por enriba dos límites
Durante o ano 2023, preto de 50.000 condutores galegos perderon puntos do carné por superar os límites de velocidade.
"Hai moita xente que non conduce con sentido común e vai con exceso de velocidade. Deberían ter máis conciencia á hora de coller o volante", pide un condutor.
Na última campaña de vixilancia da DXT, que durou unha semana, a Garda Civil interceptou máis de 9.500 condutores circulando con exceso de velocidade polas estradas galegas. Representan case o 20 % dos detectados en toda España.
"Un coche hoxe en día vai 80 ou a 100 quilómetros por hora non o notas, vas con tanta suavidade que non o notas e o pé vai para abaixo", argumenta outro.
A maioría, máis do 65 %, circulaba por vías secundarias, estradas que rexistran nove de cada dez sinistros con falecidos. En Galicia hai preto de 200 puntos de control, entre radares fixos e móbiles. Conducir á velocidade axeitada podería evitar unha cuarta parte das mortes en accidentes viarios.