Cargando resultados...
Os habitantes do Pacífico, os primeiros en recibir o ano novo
Os habitantes do Pacífico, os primeiros en recibir o ano novo
As restricións marcan a chegada do 2022 a Australia e Nova Zelandia
G24.gal
31/12/2021 14:25
Os habitantes do Pacífico foron os primeiros en recibir o ano 2022 cando aquí era aínda mediodía.
A rotación da terra fai que sexan eles os primeiros en celebrar o ano novo
e, como xa é tradición nas principais cidades de Australia e de Nova Zelandia, recibírono cun espectáculo de luz e son, aínda que con moitas restricións pola pandemia.
O ano novo chegará, coma sempre, por fases, debido aos 24 fusos horarios que hai en todo o mundo.