Primeiro de ano, día de descanso para moitos, paseos e actividade deportiva para baixar os excesos
Primeiro de ano, día de descanso para moitos, paseos e actividade deportiva para baixar os excesos
Primeiro día do ano e como é habitual pouco movemento na rúa
Os comercios pechados e a maioría dos bares sen abrir
Pouca xuventude fora das súas casas neste primeiro día do ano. A xente que saíu fíxoo para pasear e facer deporte. Hai que quitarse de enriba todos os excesos destas festas.
En moitos fogares aínda continuaban de celebración sobre todo os que se chamen Manuel, aínda que cada vez é máis habitual festexalo en restaurantes.
Con case todos os negocios pechados moitos quixeron iniciar o ano dándose un baño nas termas, pero hoxe atopáronas pechadas. Aínda así a zona quente do río foi outra opción.
Chocolate con churros tamén de tarde e a coller forzas porque as festas aínda están a metade. Queda unha semana para chegada dos reis e para a volta a normalidade.