Publicador de contidos
Publicador de contidos

Animado ambiente en vilas e cidade nas derradeiras horas de 2023

Animado ambiente en vilas e cidade nas derradeiras horas de 2023

Grupos e familias reuníronse para desexarse unha boa entrada de ano

G24.gal 31/12/2023 16:05 Última actualización 31/12/2023 17:57

Faltan aínda unhas horas para a noite de fin de ano, pero moita xente xa empezou coas celebracións. Este mediodía de domingo, a hora do vermú estivo moi animada en bares e cafeterías de toda Galicia.  

Os bicos e as apertas, canto máis efusivas mellor, repetíronse en cada local con mesas amplas, ben concorridas e cun variado abano de idades. Queren compartir as derradeiras horas antes da conta atrás que marcan as badaladas.

Na outra cara da moeda está o persoal de hostalería, que se enfronta a unha das xornadas laborais máis extensas do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade