Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Hispanos quedan fóra da final dos Xogos Olímpicos

Os Hispanos quedan fóra da final dos Xogos Olímpicos

Alemaña vence a España pola mínima (25-24) e impídelle loitar polo ouro

Rodrigo Corrales detivo 2 lanzamentos 

FONTE: EFE FONTE: EFE
G24.gal 09/08/2024 17:59

A selección masculina de balonmán non puido conseguir a vitoria ante Alemaña. O equipo teutón venceu a España nun partido moi igualado (25-24) e arrebátalle aos Hispanos a posibilidade de loitar polo ouro en París.

O encontro estivo disputado desde os primeiros intres. A ofensiva alemá fíxoos distanciarse no electrónico, situándose 4 goles por riba á metade do primeiro tempo. España logrou reducir a distancia e cun gol de Alex Dubjshebaev conseguía empatar o encontro antes do descanso.

Tras o paso polos vestiarios, a situación era completamente igual e ningún dos dous equipos conseguía a superioridade no marcador. Foi clave a figura do porteiro Andreas Wolff. O porteiro do Kielce detivo a metade dos lanzamentos dos Hispanos e permitiu que Alemaña chegase aos minutos finais con posibilidades de levarse a vitoria.

A tres minutos para a fin do encontro, o resultado era favorable para Alemaña, que vencía 25-24. Os nervios e imprecisións impediron que ambos equipos volveran ver porta. España tivo unha última opción cun disparo de Agustín Casado, que foi bloqueado pola defensa alemá. A bucina soou e o partido remataba co pase dos teutóns á final olímpica.

Rodrigo Corrales non partiu de inicio, pero puido xogar e incluso chegou a deter dous lanzamentos. O porteiro cangués poderá redimirse da derrota e revalidar o bronce de Toquio co equipo nacional. A loita polo terceiro posto terá lugar o domingo ás 9:00.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade