Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os incendios arrasan máis de 4.600 hectáreas en Galicia con poboacións en risco

Os incendios arrasan máis de 4.600 hectáreas en Galicia con poboacións en risco

Os 6.000 raios caídos orixinan medio cento de focos con Lugo como a área máis castigada

 Tres incendios no Courel seguen en alerta dous, porque ameazan vivendas

A vaga de calor deixou nun só día o tempo máis extremo da historia recente de Galicia

 

G24.gal 16/07/2022 21:47 Última actualización 16/07/2022 21:57

A montaña luguesa arde por todos os costados.

No corazón do Courel, en Folgoso, hai arestora tres incendios activos que xa levan calcinadas 1.900 hectáreas. Dous deles están en situación 2 como medida preventiva porque as lapas estiveron moi preto dos núcleos de Seceda e Vilamor. Comezaron o xoves á noite coas treboadas.

Moi preto, na Pobra do Brollón outros dous lumes na parroquia de Saa requiren dos esforzos das brigadas de Medio Rural por terra e por aire. No máis grande, no que afecta xa a máis de 500 hectáreas, tamén continúa decretada por prevención a Situación 2.

Hai outro tres incendios activos no concello de Quiroga.
Malia que na súa maioría, estes lumes foron provocados por raios, as altas temperaturas que manteñen a montaña luguesa en aviso amarelo e a falta de humidade fan que Medio Rural estea especialmente vixiante.

Estes incendios queimaron máis de 4.600 hectáreas de zonas de importante valor.

Arde tamén na provincia de Ourense, no parque natural do Invernadeiro, e en Carballeda de Valdeorras un gran incendio arrasou xa máis de 1.000 hectáreas.
 

 



 



 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade