Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os incendios calcinan máis de 4.400 hectáreas en Galicia, con tres aldeas do Courel en risco

Os incendios calcinan máis de 4.400 hectáreas en Galicia, con tres aldeas do Courel en risco

Só no Folgoso do Courel arderon xa 1.900 hectáreas

As parroquias de Seceda e Vilamor no Folgoso e a de Saa na Pobra do Brollón, ameazadas polas lapas

G24.gal 17/07/2022 10:18

Galicia comeza a xornada do domingo con tres incendios forestais en Lugo que manteñen en risco tres núcleos de poboación no Courel, polo que se requiren medidas especiais, e lapas en 4.430 hectáreas en trece focos, tras a extinción dun lume e o control de varios durante a noite.

O primeiro dos incendios en situación 2, con risco para a poboación declarouse o xoves na Pobra do Brollón, na parroquia de Saa, onde afecta a unhas 600 hectáreas e permanece activo.

Súmase a este outro incendio activo na mesma parroquia e que xa afecta 50 hectáreas.

Dous lumes no Folgoso do Courel teñen unha situación semellante e seguen activos : o primeiro rexistrado o venres na parroquia de Seceda xa arrasou 1.100 hectáreas. Traballa na zona a UME, mentres que o segundo que empezou o xoves en Vilamor alcanza as 300 hectáreas.

Tamén en Folgoso do Courel e na parroquia de Vilamor outro incendio forestal segue activo desdee o xoves e arrasa xa 500 hectáreas tras duplicar a superficie nas últimas horas.

O concello de Quiroga suma outros tres incendios, pero só permanece activo un na parroquia de Quiroga con 90 hectáreas afectadas. quedou controlado o que afecta a 250 hectáreas na parroquia de Outeiro e baixo control tamén outro na parroquia de Nocedo con 15 hectáreas queimadas.

 Incendios en Ourense

En Vilariño de Conso arden 160 hectáreas na parroquia de Pradoalbar desde o venres co incendio activo. O que se declarou en Carballeda de Valdeorras está estabilizado na parroquia de Riodolas con 1.100 hectáreas afectadas ata o momento.

En Ribadavia segue controlado o lume que queimou 65 hectáreas na parroquia de Ribadavia. En  Melón logrouse a extinción dun incendio na parroquia de Quins con algo máis de 100 hectáreas queimadas.

No concello pontevedrés de Rodeiro controlouse un lume forestal quu queimou 200 hectáreas .

Medio Rural traballa en todos os incendios forestais, que suman 4.430 hectáreas, cun descenso fronte ás estimacións de case 4.600 de ultima hora do sábado, pero cun notable crecemento respecto do inicio da fin de semana cando ardían 3.530.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade