Os independentistas mobilízanse contra a orde do 25 % de castelán nas escolas catalás
Os independentistas mobilízanse contra a orde do 25 % de castelán nas escolas catalás
Na marcha participaron membros do Govern e do Parlament
Miles de persoas manifestáronse este sábado en Barcelona para defender o modelo de inmersión lingüística en catalán e contra as sentenzas que obrigan varios colexios a impartir un 25 por cento das clases en castelán.
Na mobilización, convocada pola plataforma Somescola, participaron membros da Generalitat, do Parlament catalán e dos partidos nacionalistas. Os representantes políticos que acudiron á marcha criticaron a utilización electoralista do ensino catalán e quixeron dar unha imaxe de unidade a prol do modelo de inmersión.
O presidente da Generalitat, Pere Aragonés, acusou o "nacionalismo español" de socavar a cohesión social en Cataluña para rabuñar "catro votos" e estuda unha querela contra Pablo Casado.