Publicador de contidos
Publicador de contidos

O asfaltado dunha pista de Peinador obriga a pechar o aeroporto sete horas

O asfaltado dunha pista de Peinador obriga a pechar o aeroporto sete horas

Interromperase o tráfico aéreo dende as 22:25 horas deste sábado ata as 7:50 do domingo

G24.gal 17/06/2023 18:54 Última actualización 17/06/2023 19:01

Segundo confirma á Televisión de Galicia AENA, o aeroporto de Peinador de Vigo pechará as súas instalacións esta noite sen que se vexa afectado o tránsito de ningún voo comercial.

O alto será entre as 22:25 horas, cando engale o último avión do sábado, e as 7:50 horas do domingo cando chegue outro procedente de Barcelona.

O motivo desta parada é o asfaltado dunha zona no norte da pista 19. En marzo deste mesmo ano Peinador tivo que pechar 24 horas polo mesmo motivo, o mal estado da cabeceira dunha pista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade