Os móbiles e as probas forenses sinalan as detidas polo crime de Leticia Sanabria
Os móbiles e as probas forenses sinalan as detidas polo crime de Leticia Sanabria
As dúas sospeitosas ingresaron no cárcere do Pereiro de Aguiar
Os móbiles situábanas na escena do crime
Unha das detidas presentou as unllas rotas e rabuños no corpo, o informe forense determina que houbo pelexa
As dúas detidas polo crime de Leticia Sanabria, no Barco de Valdeorras, durmiron xa no cárcere do Pereiro de Aguiar por decisión do xuíz. Os teléfonos móbiles situábanas no piso no momento en que sucederon os feitos.
Ademais os resultados forenses probarían a súa implicación no asasinato. Sábese que houbo pelexa entre elas e unha das supostas asasinas presentaba as unllas rotas e varios rabuñadas.
A porta sen forzar e a roupa da vítima na lavadora acenderon todas as alarmas dos investigadores. A irmá da vítima que viu do Paraguai sempre estivo convencida de as detidas eran as culpables.
Naturais do Brasil e de Nixeria. Sospéitase que mataron a vítima horas antes de alertar e de finxir que a reanimaban, movidas polos celos e por motivos económicos.
Unha das investigadas compartía piso coa vítima, a outra era amiga, traballaban nun club de alterne do Barco. Os veciños están impactados polo desenlace.
Leticia, de 29 anos, levaba no Barco de Valdeorras vivindo tres anos, viñera do Paraguai para axudar economicamente a súa familia.