Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os médicos de familia piden a volta da máscara obrigatoria nos centros de saúde de toda España

Os médicos de familia piden a volta da máscara obrigatoria nos centros de saúde de toda España

Sanidade xa recomenda o uso de máscara nos centros sanitarios galegos, mais non estableceu a súa obrigatoriedade

Os médicos alivian a sensación de alarma lembrando que os datos actuais eran previsibles e similares aos de antes da pandemia 

Imaxe de arquivo do uso das máscaras nos hospitais Imaxe de arquivo do uso das máscaras nos hospitais
G24.gal 04/01/2024 11:56

A Sociedade Española de Medicina de Familia e Comunitaria (semFYC) propuxo este xoves recuperar o uso da máscara obrigatoria nos centros de Atención Primaria de toda España co fin de reducir os contaxios de gripe, covid e outras enfermidades respiratorias. Pola súa parte, Sanidade recomenda o seu uso.

Así mesmo, os médicos de familia decántanse por establecer novamente espazos de separación nos centros de saúde, ademais de incorporar a dispensación de xeles hidroalcohólicos e medidas de ventilación para as salas de espera.

Tamén, pediron ás autoridades sanitarias a concienciación da poboación sobre un uso adecuado dos servizos asistenciais e non acudir a eles se non se precisa atención médica para evitar a saturación dos centros.

Aínda que se detectou unha repunta de casos de covid, gripe A e virus respiratorio sincitial (VRS), a semFYC precisou que a coinfección é moi escasa.

Con todo, os médicos de familia advertiron, de novo, dun posible agravamento da situación tras a celebración da festa de Reis e coa volta ás clases, aínda que lembraron que os datos actuais eran previsibles e son similares á época anterior á pandemia.

Co fin de colaborar nestas medidas preventivas, repartirase unha guía de comportamento para as persoas cunha afección vírica, ás que recomenda repouso e evitar a interacción social.

Ademais, instan a acudir ao médico de familia só se se trata de poboación de risco ou se a evolución é desfavorable en canto á capacidade respiratoria e febre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade