Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sanidade alerta de que a gripe este ano vaise adiantar e con sintomatoloxía complicada

Sanidade alerta de que a gripe este ano vaise adiantar e con sintomatoloxía complicada

G24.gal 30/10/2024 13:30 Última actualización 30/10/2024 14:37

A tempada da gripe vaise adiantar posiblemente a finais do mes de decembro e a sintomatoloxía que pode chegar a producir nas persoas afectadas será "complicada".

Así o explicaron este mércores responsables da Consellería de Sanidade da Xunta e, en concreto, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, foi moi clara ao afirmar: "ollo coa gripe este ano".

O doutor Federico Martinón advertiu de que "as noticias que veñen do hemisferio sur non son boas", aínda que matizou que "non son garante do que vai pasar este ano" en Galicia.

Durán Parrondo explicaba que se se cumpren as previsións do sucedido no hemisferio sur "a gripe este ano vaise adiantar, posiblemente a finais do mes de decembro, e vai ter unha sintomatoloxía complicada".

Precisou, con todo, que nos países do hemisferio sur a porcentaxe de vacinación contra a gripe é moi inferior ao existente en Galicia e en países do hemisferio norte.

Durán Parrondo e Martinón ofreceron esta mañá, canda ao conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Camaño, unha conferencia de prensa para informar do inicio da segunda fase do ensaio clínico GalFlu para probar a eficacia da vacina de alta carga contra a gripe en 70.000 cidadáns de 65 a 79 anos.

O conselleiro explicou que esta vez probarase a eficacia da vacina de alta carga contra a gripe en 70.000 galegos de 65 a 79 anos, coincidindo co inicio da vacinación fronte á gripe e a covid nos grandes recintos, á que están chamadas unhas 450.000 persoas dentro desa franxa de idade.

Gómez Caamaño aproveitou para facer un chamamento á poboación a que se vacine fronte a ambas as infeccións virais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade