Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os ministros do PSOE defenden a prórroga dos orzamentos xerais do Estado

Os ministros do PSOE defenden a prórroga dos orzamentos xerais do Estado

Consideran que "non era realista" facer unhas contas novas con tres procesos electorais en marcha 

G24.gal 15/03/2024 15:01

A prórroga dos presupostos xera dúbidas sobre algúns dos investimentos que anunciara o Goberno, como a entrada da SEPI en Telefónica, unha operación de 2.000 millóns de euros.

Os sindicatos tamén lembran que o IPREM, o índice que se usa para pedir moitas axudas, queda conxelado. Por iso, Comisións Obreiras reclama xa que se suba por outra vía.

Pero os ministros do PSOE insisten en minimizar os efectos desta prórroga. O de Economía, Carlos Cuerpo asegura que non vai supor "ningún freo" á chegada dos fondos europeos.

O de Agricultura, Luis Planas, di que tampouco vai afectar as axudas europeas e estatais para o sector. Mesmo o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, cre que o Goberno vai poder "continuar razoablemente, e moi correctamente" coas contas prorrogadas.

Segundo o titular de Presidencia, Félix Bolaños, "non é que sexa inocua a existencia ou non existencia de presupostos" pero apunta que "non era realista pensar que podía haber uns presupostos xerais do Estado con tres procesos electorais en marcha".

A decisión non gustou ao socio de Goberno, Sumar, pero o PSOE nega as tensións. Pilar Alegría, voceira do executivo, asegurou que van seguir "traballando neste goberno de coalición".

O líder do PP ve un Goberno en agonía ao que lle afea que non tivera tempo para aprobar un "presupostos dos cidadáns" pero si para "amnistiar un conxunto de cidadáns que foron condenados e outros que están buscados polo Tribunal Supremo, para iso tiveron todo o tempo".

Pedro Sánchez aínda non se pronunciou publicamente sobre a prórroga das contas. Este venres reuniuse na Moncloa con reitores das universidades españolas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade