Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nacións Unidas teme que a cifra final de mortos polos terremotos supere os 50.000

Nacións Unidas teme que a cifra final de mortos polos terremotos supere os 50.000

Os falecidos polos terremotos en Turquía e Siria achéganse a 26.000

Hai medo a que se desaten epidemias

 

G24.gal 11/02/2023 20:53 Última actualización 11/02/2023 21:04

A lista de mortos nos terremotos crece por centos. Turquía, o país que suma máis vítimas, non deixa de abrir tumbas para soterralos canto antes.

As autoridades turcas deron conta ata agora de máis de 22.300 falecidos e preto de 80.300 feridos no seu territorio.

En Siria non actualizan as cifras ao mesmo ritmo pero hai constancia de máis de 3.500 mortos e arredor de 5.300 feridos.

A posibilidade de atopar superviventes redúcese cada minuto. Con todo, nas últimas 24 horas os equipos de rescate sacaron con vida de debaixo dos cascallos 67 persoas en Turquía. Un grupo de militares e outro de bombeiros españois lograron poñer a salvo dous nenos.

O responsable de Asuntos Humanitarios da ONU desprazouse ao epicentro dos terremotos e dixo que era a peor catástrofe na rexión en cen anos.

O director xeral da Organización Mundial da Saúde achegouse a Siria con axuda e prometeu máis envíos.

A Siria, a causa da guerra e das sancións internacionais, case non chegou axuda ningunha. En especial aos bastións rebeldes, que figuran entre os máis golpeados polos sismos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade