Llarena acorda que un xulgado de Barcelona tome declaración a Ponsatí e a deixe libre
Llarena acorda que un xulgado de Barcelona tome declaración a Ponsatí e a deixe libre
Llarena ditou o pasado 21 de xuño unha orde nacional de detención contra Ponsatí porque a eurodeputada non compareceu no Tribunal Supremo
O maxistrado do Tribunal Supremo instrutor da causa do procés Pablo Llarena acordou que o Xulgado de garda de Barcelona practique a declaración indagatoria á eurodeputada de JxCat Clara Ponsatí en relación co seu procesamento por desobediencia e que despois sexa posta en liberdade.
Incorporou no auto unha relación das preguntas dirixidas a Ponsatí neste trámite e engade que a detida debe ser posta a continuación en liberdade, deixándose sen efecto a orde de detención acordada no seu día.
O xuíz Llarena toma a decisión "considerando que a resistencia da acusada a someterse á ineludible declaración indagatoria invalida calquera intento de citación que pretenda alcanzar a súa comparecencia en liberdade" pero valorando tamén que a condución policial ao Supremo supoñería unha extensión da súa privación de liberdade nun delito para o que non están previstas penas desta natureza.
Os Mossos d'Esquadra detiveron a eurodeputada de JxCat Clara Ponsatí, horas despois de que ela mesma anunciase en redes sociais a súa presenza en Barcelona, por mor da orde emitida polo xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena para notificarlle o seu procesamento por desobediencia, segundo fontes policiais.
Aprofitant la fresca del mati he fet un vol fins a la Casa Vicenç. Mentre siguem aquí, Catalunya continuarà dempeus.
Bon dia, Barcelona! pic.twitter.com/XzKHgQguF4
— Clara Ponsatí (@ClaraPonsati) July 24, 2023
Llarena ditou o pasado 21 de xuño unha orde nacional de detención contra Ponsatí, porque a eurodeputada non compareceu no Tribunal Supremo cando foi citada para notificarlle o seu procesamento por un delito de desobediencia na causa do procés.
A eurodeputada estivo detida polos Mossos en Barcelona o pasado 28 de marzo, cando regresou a España tras cinco anos fuxida da xustiza española, en virtude da orde de detención que tiña pendente por facilitar o referendo catalán.
Despois de a levaren ao xulgado de garda de Barcelona, a exconselleira de Ensino quedou en liberdade coa obriga de comparecer no Supremo o 24 de abril, pero Ponsatí volveu plantar a Llarena, o cal motivou a súa nova detención para notificarlle o procesamento, trámite obrigatorio para seguir adiante coa causa por desobediencia contra ela.
A propia eurodeputada fixo público o seu arresto, o día seguinte das eleccións xerais, a través da súa conta de Twitter: "Volvín ser detida ilegalmente en Barcelona".