Os nacionalistas reclaman a creación do Instituto de Rosalía de Castro para internacionalizar a lingua e a cultura galega

Os nacionalistas reclaman a creación do Instituto de Rosalía de Castro para internacionalizar a lingua e a cultura galega. Foi durante o encontro que a voceira do BNG, Ana Pontón, mantivo con mulleres do ámbito da cultura, ás que Pontón se referiu como as descendentes de Rosalía, as que manteñen vivo o seu legado artístico e vital.
"Hoxe é o día no que se reivindican as linguas propias, pero tamén, a pouco de celebrar o nacemento de Rosalía, volvemos reclamar que se cree o Instituto Rosalía de Castro como unha ferramenta para internacionalizar a nosa lingua e a nosa cultura e apoiar a creación das mulleres neste país, que é moita e importante", dixo a voceira nacional do BNG, Ana Pontón.