Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os negocios ao abeiro do Camiño de Santiago dinamizan moitas aldeas

Os negocios ao abeiro do Camiño de Santiago dinamizan moitas aldeas

O paso de camiñantes enche de vida núcleos pequenos

G24.gal 16/07/2023 20:35 Última actualización 16/07/2023 21:53

O Camiño de Santiago non é máis que a inspiración para este negocio, situado a poucos metros da ruta francesa. O curioso é que se asenta nunha aldea de apenas sete casas.

Unha mostra de que o Camiño é unha fonte de vida, desde o punto de vista cultural, económico ou social. Son varios os negocios que xorden próximos á ruta.

Hainos vencellados á meditación, pero tamén á arte e aos peregrinos. En Triacastela, unha emprendedora local converteu en hospedaxe unha vivenda sen uso.

É unha oportunidade de promocionar esta aldea, cunha decena de casas e unha igrexa románica que sorprende a quen se achega polo lugar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade