Os nenos espertan coa ilusión e ledicia dos agasallos dos Reis Magos
Os nenos espertan coa ilusión e ledicia dos agasallos dos Reis Magos
Os Reis estiveron toda a noite repartindo os pedidos que lles fixeron chegar
O mal tempo pouco puido facer para evitar que os máis intelixentes da casa aproveitaran o mellor día do ano abrindo agasallos. Case todos quedaron ao quente para desfrutar de emocións e sorpresas que houbo para os pícaros e pícaras que se portaron ben, que segundo confirmaron os propios Reis Magos foron case a maioría.
Algún neno non o podía crer. Houbo quen abriu os primeiros agasallos da súa vida, outros xa eran máis expertos. Máis ou menos os Reis foron acertando co que cada un quería. Bonecos, monopatíns, roupa e unha longa listaxe de desexos que se converteron en realidade.
Só os papeis e os envoltorios separaban aos máis miúdos do seu premio despois dunha espera que se fixo longa. Un día do que tamén desfrutan os pais e algún xa comeza a facer carreira. Agora só queda agardar un ano, que logo pasa, e portarse ben, para que as súas máxicas maxestades de Oriente repitan a súa visita.