Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os nenos saharauís volven a Galicia co programa Vacacións en paz

Os nenos saharauís volven a Galicia co programa Vacacións en paz

Os cativos chegan a 70 concellos da nosa comunidade para gozar dunhas semanas de tranquilidade

G24.gal 02/08/2022 14:50

Este ano retómase o programa de vacacións en paz e a Conselleira de Política Social quixo agradecer a xenerosidade das 170 familias galegas que abren as portas das súas casas aos nenos saharauís. 

Despois de dous anos de interrupción pola pandemia, os cativos chegan a 70 concellos da nosa comunidade para gozar dunhas semanas de tranquilidade. Dende a asociación galega de solidariedade co pobo saharauí fixeron un chamamento para animar a máis familias a unirse ao programa de acollemento.

O delegado saharauí en Galicia, Mohamed Mehdi Zerga, aproveitou o encontro para denunciar que "a traizón pura e dura do señor Sánchez non nos vai quitar as ganas de seguir loitando polo Sáhara libre. A responsabilidade histórica de España no Sáhara é clara"

A Conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, expresou o seu desexo de que "os nenos dos campamentos de Tinduf podan pasar en Galicia un verán inesquecible. Un verán que para eles no campamento pode superar os 50 ou 55 graos de temperatura e que en Galicia poden desfrutar destas marabillosas paisaxes, das nosas praias, dos nosos ríos... e, sobre todo, da calor das familias". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade