Os ovos de galiña de Mos entran na alta restauración
Os ovos de galiña de Mos entran na alta restauración
Os cociñeiros pagan máis de seis euros por cada ducia
A carne de galiña vella tamén accedeu aos restaurantes de alta gama
Esas son as características dos ovos de galiña de Mos. Un manxar que está a ser a sensación en restaurantes tan coñecidos como o Diverxo de Madrid ou o Tizona de Logroño, famoso polas súas tortillas. As claves: un manexo e unha alimentación totalmente artesanais e unha xenética privilexiada.
"Non podemos ter máis de 125 galiñas. Así, todo o proceso é artesanal e reflíctese na calidade", explica Francisco Monasterio, presidente de Avimós.
Os restauradores pagan incluso máis de 6 euros por cada ducia destes ovos tan cotizados como escasos. E é que a especie está en perigo de extinción e só hai 6.000 poñedoras fronte ás 25.000 que serían precisas para saír do risco. Pero os criadores prefiren ter menos produción para non renunciar a un método de cría que produce uns ovos e carne de altísimo valor engadido.
"Isto é como os percebes. Non sempre hai produto porque non sería de calidade", conclúe o presidente de Avimós.
Ademais dos ovos, a carne de galo e, sobre todo, de galiña vella, tamén se están atopando un importante oco no sector da alta restauración.