Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os palillos volven bater con forza en Camariñas que abriu a Mostra do Encaixe

Os palillos volven bater con forza en Camariñas que abriu a Mostra do Encaixe

Días de intercambio entre palilleiras locais e foráneas e tamén interxeracional

G24.gal 13/04/2022 22:06

Regresa un dos eventos de artesanía máis importantes de Galicia.

A Mostra do Encaixe de Camariñas abriu esta tarde as portas entre grande expectación. Os palillos volveron soar con forza no recinto feiral, recuperando tamén aquí a normalidade tras dous anos marcados pola covid.

Estas artesás amosan como facer encaixe de bolillos e intercambian coñecementos con palilleiras doutros países, presentes na mostra.

O ir e vir dos dedos das novas xeracións ábrese paso, e sempre hai unha avoa experta para corrixir o punto.

O encontro encaixeiro máis importante do mundo desde hai 31 anos é un núcleo de vendas, de intercambio cultural e de moda vangardista feita e creada con esta tradición secular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade