Publicador de contidos
Publicador de contidos

O disco duro de Déborah Fernández foi manipulado en dependencias policiais

O disco duro de Déborah Fernández foi manipulado en dependencias policiais

Os peritos sinalan que “as datas están alteradas con posterioridade á recollida do dispositivo”

Esta nova revelación podería levar a xuíza que instrúe o caso a chamar a declarar os peritos encargados do informe

G24.gal 04/05/2022 14:45

Os peritos da empresa Lazarus Technology entregaron ao Xulgado de Instrución 2 de Tui o informe definitivo sobre a análise do disco duro de Déborah Fernández-Cervera, a moza viguesa cuxo cadáver apareceu nunha cuneta hai agora 20 anos, e nel conclúen que foi manipulado despois de chegar a mans da Policía Nacional.

“Pódese descartar que as manipulacións recollidas no informe anterior e a que figura identificada respecto a os ficheiros no DVD produciuse de maneira previa á entrega do dispositivo aos axentes”, di o informe, o cal descarta a manipulación previa á entrega.

O informe sinala tamén que “as datas están alteradas con posterioridade á recollida do dispositivo”, explican. A presentación deste informe definitivo, xunto con algunha comparativa final de ADN, era unha das poucas liñas de investigación que quedaban abertas, segundo expuxeron os avogados da familia de Déborah o venres pasado, véspera do vixésimo aniversario da desaparición da nova.

Esta nova revelación podería levar a xuíza que instrúe o caso a chamar a declarar os peritos encargados do informe. Estes profesionais, contratados pola familia da moza, xa confirmaron o pasado xaneiro que o disco duro fora manipulado.

Fixéronllo saber á xuíza durante unha rolda de declaracións en que describiron que se borraron correos electrónicos e tamén as conversacións de Messenger que puidese manter a moza antes da súa desaparición. Con todo, esta nova revelación podería supoñer que a xuíza aposte por abrir unha peza separada para tratar de esclarecer toda a verdade sobre as revelacións dos peritos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade