Os pilotos de Air Europa inician hoxe a primeira das catro xornadas de folga convocadas
Os pilotos de Air Europa inician hoxe a primeira das catro xornadas de folga convocadas
Os paros estenderanse durante os días 2, 4 e 5 de maio en todas as bases e centros de traballo de España
Obrigou a cancelar xa catro voos en Galicia
Os pilotos de Air Europa inician hoxe unha folga en toda España. Os paros estenderanse durante os días 2, 4 e 5 de maio en todas as bases e centros de traballo de España.
Os paros foron convocados polo sindicato español de pilotos de liñas aéreas, ante o bloqueo das negociacións do Convenio colectivo e en demanda de incrementos salariais.
O Ministerio de transporte fixou uns servizos mínimos que oscilan entre o 50 % e o 77 % dos voos nacionais. Os paros coinciden coa ponte festiva de maio.
Esta folga de pilotos afectoulle a catro voos na nosa comunidade, dous no aeroporto de Vigo e dous no da Coruña. En concreto suspendeuse a conexión con Madrid a primeira hora da mañá e tamén as viaxes de volta dende a capital de España.