Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os pilotos de EasyJet, en folga para recuperar as condicións laborais prepandemia

Os pilotos de EasyJet, en folga para recuperar as condicións laborais prepandemia

Accederon a un recorte dos salarios para conservar os seus postos de traballo durante a pandemia, pero din que non se está cumprindo o acordado

A compañía só operará con voos internacionais

A situación é incómoda para os traballadores, pero tamén para os pasaxeiros
G24.gal 12/08/2022 16:15

Este venres, previo á ponte festiva, comeza a folga de nove xornadas dos pilotos da compañía easyJet para tentar desbloquear o convenio colectivo e recuperar as condicións laborais que tiñan antes da pandemia.

Tensión, enfado e intranquilidade son as características coas que podemos definir un pasaxeiro que teña pensado voar este venres coa compañía EasyJet. Chegan aos aeroportos e comeza o seu pesadelo de vacacións.

Comeza esa folga de tres períodos de 72 horas cada un, que se desenvolverán os días 12, 13,14, 19, 20, 21, 27, 28 e 29 de agosto.

Durante as xornadas anunciadas de folga, a compañía aérea só operará con voos internacionais. Durante os peores meses da pandemia os pilotos accederon a rebaixar os soldos para garantir, non só os seus postos de traballo, senón a supervivencia da compañía.

Con todo, EasyJet, segundo os traballadores, non está a cumprir o acordado. É máis, o mes pasado presentou un novo recorte das condicións laborais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade