Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os portos deportivos galegos están a acadar cifras de récord de ocupación

Os portos deportivos galegos están a acadar cifras de récord de ocupación

Galicia consolídase como destino náutico, hai un 18 % máis de turistas estranxeiros

G24.gal 15/08/2022 20:09

Seguen en auxe os deportes náuticos. Os portos deportivos están acadando cifras de récord. A ocupación durante todo o verán rozou o cen por cento, e o que queda de agosto xa está todo practicamente reservado.

Os turistas estranxeiros regresan de novo a Galicia tras a parada pola covid.

"Si, si isto cada vez se está enchendo máis de xente, estase poñendo de moda e cada vez veñen máis persoas", di unha turista.

Que pasaría se hoxe quixésemos amarrar o barco en Sanxenxo?

Jesús Quintáns , responsable de Nauta Sanxenxo: "Está moi complicado, o certo é que está moi complicado".

Contan con algunha praza en tránsito pero as reservas están cubertas xa dende abril.

O que lle pasa a Sanxenxo repítese practicamente en todos os portos deportivos de Galicia que están vivindo o seu mellor verán. Dende esta parte do océano Atlántico xa ninguén mira con envexa cara ao Mediterráneo.

Non só aumenta o número de barcos que recalan nas nosas costas, tamén os días de estadía
Galicia consolídase como destino náutico, hai un 18 % máis de turistas estranxeiros, e por onde van deixan un importante impacto económico. As boas previsións traspasan incluso a fronteira do verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade