Asociacións de consumidores cren que deben amplíarse ata abril as reclamacións de gastos hipotecarios
Asociacións de consumidores cren que deben amplíarse ata abril as reclamacións de gastos hipotecarios
Asociacións de consumidores cren que deben amplíarse ata abril as reclamacións de gastos hipotecarios
Pensan se ten que ter en conta o paro xudicial derivado do estado de alarma
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea aclarará este xoves como quedan os prazos para reclamar
Dende que o Tribunal Supremo declarou abusivas as cláusulas hipotecarias nas que se lle impoñían o 100 % dos gastos aos clientes, fóronse sucedendo as reclamacións de miles de usuarios. En teoría, rematou agora o prazo para esixirlle ao banco a devolución deses gastos. Dende as asociacións de consumidores din que ten que ampliarse ata mediados de abril tendo en conta que o estado de alarma derivado da pandemia interrompeu os prazos.
"A maioría pensaba que acababa onte, outros pensan que non remata nunca, porque a nulidade como tal non prescribe, e dende a OCU o que dicimos é que se nestes cinco anos tivemos 82 días de parada xudicial durante a pandemia, pois eses 82 días deberían engadirse e iriamos ata abril", sinala o voceiro da OCU, Kepa Loizaga.
Animan os usuarios a reclamar os gastos das hipotecas asinadas antes de xuño de 2019. Lembran que foron cobros abusivos que as entidades bancarias tiñan que sufragar de xeito proporcional. Dende os despachos de avogados destacan que os trámites son moi sinxelos, e que ademais os xulgados están condenando os bancos a pagar as costas xudiciais do proceso.
"A xente de forma involuntaria pagou uns gastos que non tiña que pagar. Son os gastos de notario, do rexistro da propiedade, da xestoría e de taxación, e a xente pode recuperalo incrementado cos intereses legais. Simplemente coa escritura do préstamo hipotecario, e con esas catro facturas poden recuperalo todo", explica o avogado Albert Rodríguez.
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea aclarará este xoves como quedan os prazos para reclamar. Segundo as asociacións de consumidores, hai uns 8 millóns de usuarios afectados e poden recuperar de media uns 1.500 euros.