Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Premios Educa Abanca recoñecen os sete mellores profesores españois de 2022

Os Premios Educa Abanca recoñecen os sete mellores profesores españois de 2022

A gala de entrega de premios aos galardoados entre 61 finalistas celebrouse na Coruña coa asistencia da ministra de Educación, Pilar Alegría, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda

Os docentes desde primaria ata estudos superiores universitarios ven recoñecido o seu traballo nas aulas

Gaa de premios Educa Abanca na Coruña
G24.gal 05/03/2023 09:42

Sete profesores de distintas autonomías recibiron este sábado os Premios Educa Abanca ao Mellor Docente de España 2022, nunha gala celebrada na Coruña á que asistiu a ministra de Educación, Pilar Alegría e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Un recoñecemento moi especial, porque é o propio alumnado o que elixe os que considera bos profesores e profesoras de infantil, secundaria, educación especial, FP ou Universidade.

A plataforma educativa Educa e a Obra Social Abanca conceden estes premios, que chegaron á súa sexta edición, desde que en 2017 crearan esta iniciativa para renderlles homenaxe a todos os profesionais do ámbito educativo nas diferentes etapas da formación académica regrada e tamén na educación non formal.

Ademais de entregar o galardón aos sete docentes premiados nas diferentes categorías establecidas, na gala realizouse un recoñecemento especial a todos os profesores e profesoras que quedaron finalistas.

61 profesionais que desenvolven o seu traballo en localidades de diferentes puntos da xeografía española foron distinguidos pola súa boa práctica docente e pola súa dedicación á súa profesión.

Neste acto a ministra de Educación e o presidente da Xunta reivindicaron o capital humano do noso sistema educativo e falaron dos retos da docencia, como a saúde mental ou a inclusión.

Pilar Alegría, dixo que é necesario "felicitar e recoñecer" o traballo dos máis de 75.000 docentes que hai en España.

Destacou o papel duns profesionais "que dan o mellor de si mesmos e, especialmente, nos peores meses da pandemia". Tamén resaltou o seu labor para "conseguir a integración de máis de 30.000 nenos e nenas ucraínas".

Alfonso Rueda agradeceu o "traballo silencioso" que realizan a diario todos os docentes para formar os cidadáns do futuro e resaltou, en especial, o papel dos profesores á hora de converter o sistema educativo galego nun referente en toda España.

Salientou o papel dos profesores á hora de converter o sistema educativo galego nun referente en toda España e a importancia de formar os mozos de hoxe para a sociedade de mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade