Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os presidentes das audiencias provinciais debaten os retos inmediatos da xustiza

Os presidentes das audiencias provinciais debaten os retos inmediatos da xustiza

Pontevedra acolle o XXI encontro anual dos presidentes de audiencias provinciais

G24.gal 12/06/2023 14:07

Os principais representantes da xustiza reúnense dende hoxe en Pontevedra. A cidade acolle o XXI encontro anual dos presidentes de audiencias provinciais, encabezados polo presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial. Ata o mércores van debater no Pazo da Deputación os retos inmediatos da administración de Xustiza, entre os que están as reformas penais e a aplicación da lei do 'só si é si'.

"Temas moi importantes, como a Lei orgánica da eficiencia dixital, eficiencia organizativa e tamén sobre as últimas reformas penais. Son temas obxecto de estudo cun contido de gran transcendencia para o funcionamento e a modernización da Administración de Xustiza", explicou o presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, Rafael Mozo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade