A Xunta implantará atención psicolóxica as vítimas de violencia de xénero nos xulgados galegos
A Xunta implantará atención psicolóxica as vítimas de violencia de xénero nos xulgados galegos
Anunciouno a conselleira de Política Social e Igualdade no pleno do Parlamento de Galicia, onde houbo un recordo á muller falecida por violencia machista en Moaña
Tamén anunciou que os presupostos da Xunta reforzarán as partidas destinadas a loitar contra a violencia machista
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, apostou este mércores por "redobrar esforzos e recursos" en materia de loita contra violencia de xénero, á vez que avanzou que os presupostos da Xunta para o próximo ano aumentarán as partidas neste ámbito.
Asi o dixo no pleno do Parlamento en resposta a unha interpelación formulada pola deputada nacionalista Noa Presas e que arrincou -tanto por parte da nacionalista como da conselleira- cun recordo á última vítima de violencia de xénero en Galicia, a muller asasinada a pasada fin de semana en Moaña.
Na súa intervención, Fabiola García destacou a "aposta incuestionable da Xunta" pola proteccion das vítimas, que se ve reflectida nos orzamentos, que "se multiplicaron por catro desde 2009". Nesta liña, avanzou que as partidas destinadas á loita contra a violencia de xénero serán reforzadan nas contas de 2025.