Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os prezos da hostalería e da enerxía aumentan por riba da inflación

Os prezos da hostalería e da enerxía aumentan por riba da inflación

Son datos que recolle o Banco de España nun informe

G24.gal 29/08/2023 15:09

Miguel ten un pequeno negocio de hostalería. Di que ten que facer auténticos equilibrios para compensar as facturas dos provedores e o prezo final que traslada ao cliente.

Ao Banco de España non lle saen as contas. Di que os custos de produción de bares, restaurantes e aloxamentos medraron un 5,9 %. Pero o traslado ao consumidor foi dun 9,3 %.

A hostalería recoñece que hai unha baixada do gasto por cliente, pero, di o sector, os prezos están subindo por debaixo da inflación. 

Pero se hai un sector que o Banco de España apunta como o máis beneficiado pola situación económica é o das empresas enerxéticas. Subiron as tarifas un 89 %, 30 puntos máis que os custos de produción.

Fonte a esta realidade, hai sectores como a agricultura e gandería, o téxtil ou a alimentación que non trasladaron a suba de custos ao prezo final ao cliente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade